Esta mañá presentouse no Concello de Pontevedra o evento "Guerrilla", un programa de actividades que se celebrará do 7 ao 9 de outubro na cidade, co nexo común dunha cultura "comprometida, alternativa, revolucionaria, de resistencia e accesible a todo o mundo", segundo destacou Nacho Fungueiriño, o coordinador do programa, en declaracións recollidas por Pontevedra Viva. O evento está promovido por Culturactiva en colaboración co concello de Pontevedra e consiste nunha oferta de música, teatro e faladoiros. Entre os espectáculos, figuran contadoras como Vero Rilo, o cómico Leo Bassi, a música de The Last International ou o cantautor Marwán. Nos faladoiros intervirán Marwán, Iván Prado, Manuel Gago, Eva Mejuto, Montse Fajardo ou MarÃa Xesús Escudeiro, e achegaranse á resistencia galega durante a Segunda Guerra Mundial, a memoria histórica, o fascismo ou o enfrontamento Palestina-Israel. As entradas para os espectáculos xa están dispoñibles en Ataquilla e para os faladoiros é preciso inscrición previa no concello.