O Festival das Núbebes sopra as dez candeas

O evento de artes escénicas pensado para bebés estreará un espectáculo de ópera

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O Festival das Núbebes sopra as dez candeas

O Festival das Núbebes de artes escénicas para bebés e familia de Pontevedra festexa este ano o seu 10º aniversario. Este evento organizado desde o Concello de Pontevedra e pensado para o público más cativo entre o público cativo terá lugar en dúas fins de semana, os días 5,6,12 e 13 de outubro, no Teatro Principal e na Casa das Campás ca capital do Lérez. Un programa de teatro, música, sesións de contos e outras actividades a compartir en familia conforma a oferta deste singular festival, nel hai nomes moi coñecidos entre o público infantil, como Pakolas, Mamá Cabra, Paco Nogueiras, Pavís Pavós, Raquel Quizás e a compañía Baobab Teatro, que leva a dirección artística do festival. Entre a programación cabe destacar a estrea dun espectáculo de ópera da man de Bonnie Cooper ou a despedida dos escenarios de Pavís Pavós. As entradas xa están dispoñibles.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Espectáculo, Ópera, Artes Escénicas...