Pontevedra celebra o primeiro festival para bebés

Nubebés comeza o 21 de setembro e inclúe teatro, contos, música, danza e obradoiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Pontevedra celebra o primeiro festival para bebés

Co título Festival das Núbebes o Concello de Pontevedra organiza o primeiro programa escénico do noso país centrado nos máis pequenos. Obras de teatro con Caramuxo, Baobab ou Teatro Paraíso, contacontos como Pavís Pavós e Celso Fernández Sanmartín ou concertos a cargo de Golfiños ou Marcelo Dobode con Mónica de Nut fan parte da inciativa. Ademais, haberá danza e obradoiros tanto para os nenos e nenas como para pais e educadores sobre cuestións como contacontos, acompañamento emocional ou psicomotricidade.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Teatro, Danza, Concello de Pontevedra...