A sexta edición do festival das Núbebes incorpora novos espazos

Pontevedra acolle este evento para público miúdo do 21 ao 23 e do 29 ao 30 deste mes

O CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) e mais a sede social do Casino Mercantil súmanse ao Teatro Principal, a Casa Azul, a Casa das Campás e a praza do Teucro como escenarios para o Festival das Núbebes na súa sexta edición. Pontevedra acolle nas fins de semana do 21 ao 23 e do 29 ao 30 de setembro este encontro de artes escénicas e actividades para o público máis cativo. Baobab Teatro, Caramuxo Teatro, Xarope Tulú, Charo Pita, Amencer ou Iria Carreira achegarán varias das propostas do programa, que inclúe tamén unha batalla de almofadas e obradoiros para profesionais así como conferencias a cargo do nutricionista Julio Basulto.

Programa do VI Festival Núbebes.