"Perseguir a utopÃa a través da cultura. Unha cultura comprometida, alternativa, revolucionaria, de resistencia e accesible a todo o mundo. En definitiva, unha cultura guerrilleira", ese é o leit motiv do festival guerrilla que esta semana celebrará a súa segunda edición en Pontevedra. A declaración de intencións ven de Nacho Fungueiriño, coordinador do evento impulsado polo Concello de Pontevedra e Culturactiva S. Coop. Galega. Desde o 1 ao 4 de decembro esta programación escollida con estes fins traerá a cidade espectáculos teatrais e musicais e proxeccións que terán como eixos temáticos os efectos da ditadura franquista na educación e na censura musical e tamén se lle dará especial protagonismo á conflitiva situación do pobo saharauÃ.
Polo Teatro Principal de Pontevedra pasarán espectáculos como 'Encerrona' de Pepe Viyuela, 'Grándola de mi querer' de LuÃs Pastor, ou a obra teatral 'As alumnas', con Anabell Gago e Mónica Caamaño seguindo un texto de Paula Carballeira. En cada unha das xornadas prográmase como final un faladoiro para conversar e reflexionar sobre os temas que son eixos do festival. O domingo pecharase o programa do festival cunha gala solidaria de 'Pallas@s en rebeldÃa' especificamente a prol do pobo saharauà onde estarán artistas como UxÃa Senlle, Yslem Hijo del Desierto, DakidarrÃa ou Isabel Risco. O acceso a faladoiros e proxeccións será de balde ata completar aforo. Os espectáculos terán un custo de 8 euros (4 euros prezo reducido)