A Coruña acollerá o segundo Cultur.gal entre o 4 e o 7 de decembro

O evento quere converterse nunha referencia para o sector cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Como estaba anunciado, a segunda edición do Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais, trasládase de Pontevedra á Coruña. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, presentaba esta mañá na cidade Herculina o evento, que se desenvolverá entre o 4 e o 7 de decembro no Pazo do Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco). O evento, que segundo Cultural quere "constituírse nunha plataforma que se erixa en referencia anual imprescindíbel para os profesionais do sector e persoas implicadas no mundo da cultura" está dirixido nesta segunda xeira por Nel Vidal e contará coa participación de editoras, discográficas, empresas do sector das artes escénicas ou de servizos socioculturais e proxectos que relacionan a cultura e mais as novas tecnoloxías. De cara ao público xeral está previsto que o evento conte con actuacións musicais, proxeccións, obradoiros, presentacións de libros ou actividades infantís entre outras propostas. O prazo para reservar espazos ábrese o vindeiro mes de setembro

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Ánxela Bugallo, Artes Escénicas, Feira...