Cultur.gal contará coa presenza de 100 empresas do sector cultural

A Feira Galega das Industrias Culturais celebrarase do 4 ao 7 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A organización da Feira Galega das Industrias Culturais, Cultur.gal, adiantou que xa son 75 as empresas, institucións e entidades que reservaron un espazo neste evento. A maiores, na programación asociada ao encontro está prevista a participación doutras trinta entidades en eventos coma o Foro Letras Vivas, de dinamización da lectura, nas Xornadas de Novas Tecnoloxías, nas de presentación de iniciativas ou no encontro dedicado á normalización lingüística. Segundo o reconto da organización, no evento que se desenvolve entre o 4 e o 7 de decembro no recinto Palexco da Coruña, están inscritas 21 editoras, 14 empresas do ámbito musical e oito do audiovisual, entre outras.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Normalización Lingüística, PALEXCO

Claves

Entidades