Ábrese o prazo para participar no Cultur.gal

As empresas e entidades culturais poden reservar os seus espazos ata o 10 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

700 euros por un posto de 8 metros cadrados, 1.200 por un de 16 ou 60 euros por metro cadrado nos stands de deseño libre. Estas son as tarifas (sen IVE) que terán que aboar as empresas e entidades culturais interesadas en participar na edición 2008 do Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais. A Consellaría de Cultura facía pública esta mañá a convocatoria para o evento, que está aberta ata o vindeiro dez de outubro. A feira celebrarase entre o 4 e o 7 de decembro deste ano no Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco).

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Exposicións, IVE, PALEXCO

Claves

Entidades