O hórreo romano de Proendos será visitable

É a estrutura de almacenamento de cereal máis grande do noroeste para ese período

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Traballos no hórreo. Foto: perfil de Facebook do proxecto

Traballos no hórreo. Foto: perfil de Facebook do proxecto

O almacén de cereais de época romana de Proendos (Sober) ficará descuberto para facilitar a súa visita turística, segundo declarou Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober, a La Voz de Galicia. A campaña de excavación do hórreo romano localizado na campaña do ano pasado deu por resultado unha estrutura de sete muros que permite afirmar ao director da intervención, o arqueólogo Francisco Alonso Toucido, que é maior estrutura de almacenamento de cereais de época romana localizada ata o momento no noroeste ibérico. Segundo Alonso Toucido, o hórreo estaría vinculado a unha explotación agrícola relevante que podería producir excedentes que fosen máis alá do ámbito comarcal. O hórreo será musealizado a través de paneis e dunha app.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sober, La Voz de Galicia, Muros, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares