Os arqueólogos xa coñecen a planta completa do hórreo romano de Proendos, en Sober (Lugo). Unha estrutura singular e única ata o momento en territorio galego que sorprendeu polas súas dimensións (42 metros cadrados, sete pés) senón tamén pola súa datación temperá. A través dos materiais cerámicos achados na campaña anterior, o equipo de Tempos Arqueólogos, baixo a dirección de Fran Alonso Toucido, determinaron que a estrutura de almacenamento fora usada ao longo do século I d.C. Toda vez que o control efectivo sobre a Gallaecia por parte de Roma se producira tralas Guerras Cántabras (29-19 a.C.), o hórreo era unha testemuña única no paÃs dun aproveitamento case industrial da agricultura pouco despois da instauración do poder romano. Pero a campaña deste ano, aÃnda en curso, deparou unha sorpresa inagardada.
Os sete pés do hórreo. Foto: Tempos Arqueólogos
Os arqueólogos puideron localizar, na zona que faltaba por escavar do hórreo, unha serie de estruturas de factura romana que se atopan por debaixo del. En concreto, dous edificios que se atopan por debaixo do hórreo, de factura romana, e que aÃnda por riba se superpoñen sobre outros dous anteriores, tamén de época romana. AÃnda que se descoñece a funcionalidade das novas estruturas, Alonso Toucido descarta que se trate de estruturas de almacenamento como o gran hórreo. "Pensamos que son casas moi arrasadas", explica. As datacións de todo o conxunto aÃnda non se poden establecer. Só a densa sucesión de niveis en tan poucos metros cadrados. "En total, en toda a parcela contabilizamos sete fases mÃnimo", explica Francisco Alonso Toucido, "polo momento, esta densidade de niveis non a temos consignada en ningún outro lado do xacemento de Proendos". Segundo o arqueólogo, a intervención "lévanos ao inicio da romanización en Galicia, e o dominio do mundo rural e agrÃcola coa chegada do novo poder". Na cerámica localizada conviven materiais romanos con cerámica de tradición indÃxena local.
O hórreo tamén ofreceu novidades: "atopamos toda unha serie de lousas chantadas aÃnda in situ, pechando algúnas das rúas, aÃnda que non temos certeza do motivo". Durante a intervención tamén localizaro o acceso á estrutura, unha rampa de dous metros e medio cun foxo para evitar o paso dos ratos, e que nos hórreos galegos actuais se coñece como patÃn ou nos asturianos como subidoira. A intervención arqueolóxica, financiada pola Xunta de Galicia, continuará ata a semana que vén.