A viguesa Pilar Ortega Pereiro ven de facerse co IV Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil convocado polo Concello de Pontevedra e editorial Cuarto de Inverno. O xurado, reunido na tarde de onte e formado pola libreira Luz Gallego, en representación do Concello de Pontevedra, Lorena Conde, en representación da familia de María Victoria Moreno, Andrea Jamardo Seijo en representación de Cuarto de Inverno e David Cortizo Conde, de Cuarto de Inverno, que actuou como secretario considerou como gañadora O segredo de Al'eume entre un total de 16 orixinais por "representar a cosmovisión de María Victoria Moreno cunha personaxe protagonista moi forte,de 14 anos, constuída ao redor das personaxes secundarias onde os lugares - dada a posta en valor do patrimonio natural son outro personaxe máis. É un libro moi divertido, con humor natural que semella ser inherente á persoa que o escribiu, áxil, onde cada capítulo remata en alto e deixa con gana de seguir."
Pilar Ortega Pereiro (Vigo, 1975) enxeñeira, profesora de tecnoloxía e escritora, ten dúas obras publicadas en Xerais, ademais de aparecer en varios volumes colectivos e gañou distintos premios literarios coma o Certame de novela curta Ánxel Fole ('Principio de incerteza', Eds. Xerais), ou o Carlos Casares de Microrrelatos, ademais de accésits e outros premios en varios concursos enfocados no relato curto. O premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil está dotado con 4.000 euros e a súa publicación, e verá a luz como vén sendo habitual no vindeiro Culturgal.