Unha xornada no CCG reivindica o patrimonio ferroviario de Galicia

Pódense seguir en directo a través de Internet

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Unha xornada no CCG reivindica a relevancia do patrimonio ferroviario de Galicia, a través de conferencias e mesas redondas nas que se percorre a súa historia, os principais elementos patrimoniais ou a importancia do fenómeno asociativo vinculado ao ferrocarril en Galicia. Todo para chamar a atención sobre "a importancia deste medio de locomoción para a saída cara aos portos desde os que a poboación emigrante viaxou entre os séculos XIX e XX e a súa importancia para o transporte das nosas mercadorías cara ao exterior". Directores de museos, historiadores, realizadores audiovisuais ou arqueólogas danse cita para dar a coñecer este patrimonio e reclamar un Museo do Ferrocarril.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Museos, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos