A xornada Un mar de cousas reivindica a recuperación do patrimonio marítimo

Celébrase en Bueu o vindeiro 21 de maio, Día Marítimo Europeo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Museo Massó de Bueu acolle o vindeiro 21 de maio, Día Marítimo europeo a xornada Un mar de cousas. O evento, organizado por diferentes colectivos de recuperación do patrimonio marítimo, quere reivindicar a importancia destes elementos na nosa cultura. Deste xeito, comparatiranse experiencias como a da escola de vela tradicional da Asociación Dorna, o plan de recuperación da carpintaría O Charango ou o arquivo histórico da confraría de Burela, entre outras. Ademais, realizarase unha saída ao mar con embarcacións artesanais para escolares e organizacións de carácter social.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Massó de Bueu, Burela