Recuperan un astrolabio singular na ría de Viveiro

Formaría parte dos restos dun pecio aínda non identificado

3/9/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Foto: S.O. La Voz de Galicia

Se onte publicabamos a nova de que un equipo subacuático traballaba na exploración da fragata Magdalena afundida na ría de Viveiro, hoxe os investigadores deron a coñecer un achado singular: un astrolabio datado a finais do XVI ou principios do XVII. Trátase dun instrumento para facilitar a orientación dos buques en alta mar. O astrolabio non correspondería á fragata Magdalena, afundida en 1810, senón a outro buque afundido a finais do XVI, do que se descoñece o seu nome. O xacemento coñécese como 'Viveiro 1' e os arqueólogos cren que pode estar vinculado co achado de dous canóns dese mesmo periodo na praia de Areas. Segundo o arqueólogo Antón López, o atrolabio estaría datado entre 1575 e 1622 e sería o primeiro deste tipo achado en Galicia e o 108 de todos os documentados ata o momento no mundo. O artefacto é de bronce, mide 21 centímetros e pesa case cinco quilos. Ten características formais que o diferencian dos da súa clase e será trasladado ao Museo do Mar de Vigo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viveiro, Vigo, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares