Restos do maior buque da Armada Invencible aparecen en Ferrol

Un equipo de arqueólogos da USC continúan os seus traballos ata venres

7/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Canóns de ferro de preto de dous metros de lonxitude. Este é o achado que realizaba onte un equipo de arqueólogos da Universidade de Santiago, canda a mergulladores da Armada e da empresa Argos na Ría de Ferrol. O achado é resultado das prospeccións que se están a facer na busca dos restos da Ragazzona, o maior barco dos que compuñan a Armada Invencible e que naufragou nestas costas no seu camiño de voltas desde as Illas Británicas, o 8 de decembro de 1588. Os traballos de prospección continuarán ata o vindeiro venres, e neles tentarase confirmar a identidade do pecio.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Identidade

Claves

Entidades
Conceptos