Nun traballo pioneiro no noso paÃs, un equipo de arqueólogos estiveron a realizar a pasada semana unha prospección arqueolóxica no fondo do Ulla. Nun proxecto de colaboración entre a Universidade de Santiago e a empresa Argos, un grupo de investigadores profesionais buscou os restos da mÃtica turris augusti, un bastión defensivo romano que segundo o historiador Pomponio Mela se situaba na zona. O seu traballo, que se complementa con investigacións en terra, deu polo momento no achado de fragmentos de cerámicas romanas e doutras pezas que poderÃan ser medievais. O director desta escavación, David Fernández, explÃcanos polo miúdo esta iniciativa e as dificultades de traballar baixo un rÃo.