Cuarta campaña para explorar a fragata Magdalena afundida na ría de Viveiro

A campaña durará ata o 20 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Especialistas subacuáticos están xa a traballar na zona de afundimento da fragata Magdalena, naufragada na ría de Viveiro en 1810 xunto co bergantín Palomo, cun total de 550 mortos. A fragata é un xacemento privilexiado para coñecer a mariña española de principios do século XIX, e por iso é xa a cuarta campaña de exploración do buque, que inclúe a recuperación da materialidade do mesmo e o seu tratamento nun local cedido polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro. O obxectivo da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS) é estudar o alcance do xacemento, descuberto en 2018, para poder determinar as intervencións arqueolóxicas do vindeiro ano.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viveiro

Claves

Lugares