Primitivo Marcos leva á BD a traxedia da fragata Magdalena

Viveiro 1810, augas mortais foi publicado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Primitivo Marcos leva á BD a traxedia da fragata Magdalena

Este 27 de marzo presentábase ao público Viveiro 1810, augas mortais, a banda deseñada na que Primitivo Marcos retrata os naufraxios da fragata Magdalena e do bergantín Palomo nas costas da Mariña Lucense. O Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo publica este volume a branco e negro e con textos en galego e castelán como parte das conmemoracións do bicentenario desta traxedia que provocou 550 mortes. Marcos narra a historia desde a perspectiva dun suposto asistente de Blas de Salcedo, capitán da fragata Magdalena, desde os precedentes da misión destes barcos na loita contra os franceses ata os efectos da traxedia.

Que che parece esta nova?
132 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Primitivo, Deputación de Lugo, Viveiro, Naufraxios...

Claves

Protagonistas
Lugares