Primitivo Marcos ultima unha BD sobre o naufraxio de Viveiro en 1810

Bosquexos e orixinais do seu traballo poden verse na vila ata o vindeiro 14 de outubro

29/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
46 lecturas | Compartido 0 veces

Ilustración da BD Viveiro 1810. Augas mortais

O 2 de novembro de 1810 unha flota destinada a tomar a fortaleza francesa de Santoña sofre un temporal diante das costas de Viveiro. A fragata Magdalena e o bergantín Palomo afúndense onda a praia de Covas, provocando oitocentas vítimas. Para comemorar este desastre, o concello de Viveiro organiza diferentes celebracións, entre as que está a vindeira publicación dunha banda deseñada co título Viveiro 1810. Augas mortais realizada por Primitivo Marcos. A obra terá trinta páxinas a branco e negro en formato apaisado, cunha tira de cadriños por páxina. Ata o vindeiro 14 de novembro pode verse no antigo concello da vila unha mostra na que se recollen bosquexos, páxinas rematadas e deseños de personaxes co traballo de Marcos nesta obra.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos
Lugares