A XXII edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) desenvolverá máis de 40 actividades do 1 ao 5 de setembro a cargo de 25 compañías de diversas nacionalidades e orixes. A situación epidemiolóxica obrigou un ano máis a retrasar as datas do Festival, que fará cumprir un escrupuloso protocolo, polo que será preciso retirar entrada para todas as funcións, tanto de sala como para as de rúa. Este ano volverán, iso si, os tradicionais espectáculos itinerantes, que estarán sempre en movemento -evitando aglomeracións- e para os que se pide acudir con máscara e en grupos de convivintes. Para as propostas de rúa, con aforo limitado e numerado, co patio de butacas organizado por núcleos de convivencia respectando as distancias de seguridade, será preciso mercar entrada, cun prezo simbólico de 1 euro. Redondela volverá ser un escaparate coa exposición "35 anos de Títeres Cachirulo", que sae da sala do Multiúsos para invandir, coas creacións da súa traxectoria, as fachadas do comercio local ata o 7 de setembro.
A programación de sala dará comezo o mércores 1 de setembro ás 20:00h coa obra "Fábulas da montaña", unha proposta que combina varias técnicas de manipulación e música ao vivo no que a vasco-galega Larraitz Urruzola fai un repaso polos contos que Concepción Arenal escribiu trala morte do seu pai. O xoves, no mesmo auditorio do Multiúsos da Xunqueira e á mesma hora, Moving Compass escenificará a historia da meiga "Gaia Baba", e o venres será a quenda dos valencianos de Bambalina Teatre Practicable, coa súa particular versión do "Quijote". Os franceses de Teatro Saco de Huesos protagonizarán a fin de semana coa pre-estrea de "Edgar", que poderá verse no auditorio o sábado ás 20h e o domingo ás 19:00h. Nesta montaxe, a compañía fundada por Ángel Navarro inspírase no universo de Edgar Allan Poe nos seus últimos anos de vida para percorrer as rúas dunha Nova York chea de sombras.
Monicreques e música nas rúas
A partir do xoves, 2 de setembro, as rúas da vila volverán a encherse do teatro de monicreques con dúas funcións a cargo de Tanxarina e os rusos de The Fifth Wheel. O escenario do Salgueiral acollerá o "Titiricircus" da premiada compañía redondelá ás 18:00h, mentres que no Paseo da Xunqueira poderá desfrutarse do "Cabaret sobre fíos" ás 19:00h. Esta montaxe, onde os números musicais vanse sucedendo como se dunha viaxe se tratase, propón un fermoso percorrido polo mundo e a súa diversidade, e poderá verse tamén o venres ás 18:00h no mesmo emprazamento. Alauda Teatro, de Castela e León, comezará unha hora máis tarde, ás 19:00h, con "Cristóbal Purchinela" no Salgueiral.
Xa o sábado e domingo, os días fortes do Festival, as principais prazas da vila ateigaranse de monicreques e música cunha multiprogramación, en espazos e horarios, cos espectáculos de Mircromina Teatro de Títeres, Alauda Teatro, Le Guignol Orthopédique, Uxía Lambona e Banda Molona, Les Grandes Personnes, Educateatro, Opakark, Turre´s Band, Spaghetti Títeres, Cachirulo Títeres, Cazando Gamusinos Teatro, As Efémeras, Paporrubio Cía, Los Dixie Kings e a Fanfarria Taquikardia. Xa na fin de semana do festival, o sábado 4 e domingo 5 de setembro, a compañía catalana Peus de Porc instalará os seus 'Retablos Mecánicos' na Praza do Concello. Unha intervención urbana na que o publico poderá descubrir as diferentes rutinas inspiradas no teatro tradicional de monicreques manipulando as distintas escenas mediante pancas e botóns.