O Diario Oficial de Galicia deste 10 de agosto publicaba o anuncio da ampliación dos fondos previstos nas axudas para realizar intervencións arqueolóxicas a empresas e entidades sen ánimo de lucro. Deste xeito, aos 25.000 euros con que estaba dotada cada unha destas liñas, súmanse agora outros 27.500, o que supón, con 105.600 euros, máis do duplo da contÃa con que estas axudas contaban nos últimos anos.
A orde do 24 de marzo de 2021 pola que se convocaban estas liñas de axudas indicaba que as mesmas se destinan a "promotores particulares de calquera tipo de obras que afecten un monumento, conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, nos casos en que a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas".
A modificación de orzamento, no entanto, non implica unha modificación do prazo de presentación, polo que o incremento de crédito distribuirase entre as solicitudes que xa se presentaron. A convocatoria orixinal establecÃa ata o 16 de maio pasado o prazo de solicitude destas liñas de apoio.