A enxeñería 3D do papel

O Museo de Pontevedra acolle unha exposición de libros móbiles e despregables

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteLiteraturaExposicións
Compartir:
Dayly Express Annual. Louis Giraud 1930             Foto: Cedida por Museo de Pontevedra

Dayly Express Annual. Louis Giraud 1930 Foto: Cedida por Museo de Pontevedra

Antes da existencia do mundo dixital e as súas aplicacións sobre realidades virtuais, mesmo antes da existencia da captura fotográfica e audiovisual das imaxes, xa existía un tipo de enxeñería do papel precursora do 3D que facía cobrar volume e movemento tanto a elementos reais coma fantásticos ante os nosos ollos. Os libros con elementos móbiles ou despregables, que na actualidade seguen a existir, gardaban nas súas páxinas sistemas tridimensionais traballados ao detalle para levantarse desde as súas páxinas e ocupar un espazo ante a nosa mirada. Estes libros con elementos móbiles e despregables estiveron durante séculos dedicados a disciplinas coma a medicina ou a astronomía ata que, na segunda metade do século XVIII, atoparon a súa vocación lúdica ao apareceren as primeiras publicacións con imaxes despregables concibidas unicamente como entretemento. No edificio Castelao do Museo de Pontevedra pódese ver estes días, desde o pasado 29 de xullo, a exposición Pop-up, centrada nestes curiosos volumes da historia da edición e da ilustración.

The land of Long Ago, Ernest Nister, 1890. Foto cedida por Museo de Pontevedra

Ata 2.400 libros móbiles e despregables atesoura a colección reunida polo matrimonio formado polos palentinos Ana María Ortega Palacios e Álvaro Gutiérrez Baños da que xurde esta mostra. Unha selección de 90 pezas feita sobre este fondo é a que pode visitarse nas salas do museo pontevedrés ata o vindeiro 12 de outubro. Esta mostra, que comeza cun volume de 1612, permitirá ás persoas que a visiten coñecer a historia, a técnica e a temática destas curiosas publicacións que desafían o formato convencional e introducen entre as súas páxinas elementos mecánicos que converten as ilustracións en xogos interactivos que convidan a accionar algún mecanismo ou a observalos desde distintos ángulos, que se dá a coñecer coma "enxeñería do papel".

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Castelao, Pop, Medicina...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares