O Álbum Nós incorpórase á exposición do Museo de Pontevedra

Presentouse a monografía que recolle a relación entre Castelao e Pontevedra

29/6/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Os orixinais do Álbum Nós formarán parte da exposición permanente sobre a obra de Castelao que ten o Museo de Pontevedra, prevai reformulación das salas dedicadas ao artista e político. As obras permanecerán no museo ao menos durante cinco anos. Os orixinais foran descubertos nunha colección particular o ano pasado con motivo da exposición "Meu Pontevedra". Xosé Leal, deputado de Cultura e Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, presentaron tamén a publicación da exposición "Meu Pontevedra", que "evoluiu dun catálogo cara unha monografía", con máis de 600 páxinas e 700 imaxes. Por outra banda, os representantes da Deputación e do Museo explicaron a desaparición en agosto de 2015 do cadro Vilamaior pintado en 1934 por Lino Villafínez. Carlos Valle sinalou que foi presentada unha denuncia na Policía cando se constatou a desaparición da peza, que tamén se atopaba en exposición no momento no que se detectou a súa ausencia.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

28/10/2009

A icona Valle-Inclán

O Museo de Pontevedra analiza a evolución do arousán a través das súas caricaturas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Museo de Pontevedra, Castelao, Xosé Leal

Claves

Protagonistas
Lugares