O Museo de Pontevedra localiza os debuxos orixinais do álbum Nós de Castelao

As pezas poderán verse desde hoxe na exposición Meu Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Museo de Pontevedra localiza os debuxos orixinais do álbum Nós de Castelao

Desde 1924 non se vían e público e perdéraselles a pista logo dos anos 30. Agora, volven saír á luz. Técnicos do Museo de Pontevedra conseguiron localizar os debuxos orixinais que realizou Castelao para o seu álbum Nós, e que estaban custodiados nunha colección privada. As pezas poderán verse a partir de hoxe, 28 de xuño, no marco da exposición Meu Pontevedra, coa que o Museo Provincial afonda na relación do autor coa cidade. Canda a estes debuxos, a mostra recolle óleos, acuarelas, gravados ao linóleo, fotografías, libros, revistas, xornais, cartas, manuscritos, propaganda e carteis electorais ata o vindeiro 11 de setembro.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Museo de Pontevedra, Medios de comunicación, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)