O Museo de Pontevedra pagou 650.000 euros polos orixinais do álbum Nós

As obras estaban en posesión da familia de José Lino, amigo e caseiro de Castelao

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Acto de presentación do acordo sobre os orixinais de Nós. Fonte: Deputación de Pontevedra

Acto de presentación do acordo sobre os orixinais de Nós. Fonte: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra formalizou este 8 de xaneiro a adquisición dos cincuenta e un debuxos orixinais do álbum Nós de Castelao, que pasan así a facer parte dos fondos do Museo de Pontevedra. O feche do trato permitiu coñecer finalmente datos como a contía do acordo e a identidade dos propietarios destas obras, ata o momento confidenciais. A institución provincial pagou finalmente 650.000 euros polos traballos, que xa estaban en depósito no Museo desde 2016. A familia de José Lino, amigo e caseiro de Castelao foi a que tivo durante anos en custodia deste patrimonio, que estivo fóra do coñecemento público ata ese ano, en que a cederon para a exposición que o Museo lle dedicou ao rianxeiro. A familia asegura que o propio Castelao lle agasallou este legado a José Lino en "recoñecemento ao seu traballo, lealdade e colaboración desinteresada", dentro dunha relación de estreita amizade.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Museo de Pontevedra, Identidade, Deputación de Pontevedra

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares