O Museo de Pontevedra merca os orixinais do álbum Nós

A Xunta publica un web a reunir a revista Nós e contidos sobre esta xeración

18/12/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniohistoria
29 lecturas | Compartido 0 veces

A piques de rematar o Ano Nós, dúas novas poñen o ramo a esta celebración polo centenario da Xeración homónima. Por unha banda, o Museo de Pontevedra anunciaba este 17 de decembro a sinatura dun acordo para se facer coa propiedades dos orixinais do álbum Nós, de Castelao. Pendente da ratificación por parte da xunta de goberno da Deputación para fechar a compra, a entidade ten xa asinado un precontrato coa familia propietaria destes bens, polo que se fará coas 49 láminas orixinais, o autorretrato de Castelao e o exlibris que remata o álbum. Nin as condicións económicas da operación nin a identidade dos actuais dono son públicas por desexo destes. O material xa estaba en depósito no Museo desde 2016.

Pola súa banda, a Consellería de Cultura presentaba este 16 de decembro un web, inserido no proxecto Galiciana, que reúne en liña todo o material da revista Nós ademais dunha cronoloxía e de biografías dos membros desta xeración. O espazo permite realizar buscas e mergullarse polo miúdo nos contidos da publicación, completando a dixitalización da colección que se presentou no pasado mes de outubro. Na presentación do proxecto, a Consellería adiantou que as conmemoracións dedicadas a Nós continuarán ao longo de 2021.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Pontevedra, Castelao, Identidade...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares