O Museo de Pontevedra amosa as súas xoias

As xoias e o seu reflexo pode verse ata o vindeiro 2 marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Reloxo de peto de muller, s. XIX

Reloxo de peto de muller, s. XIX

As xoias que fan parte dos fondos do Museo de Pontevedra protagonizan unha da actuais exposicións deste centro. A mostra As xoias e o seu reflexo recolle pezas desde a Antigüidade ao século XX atendendo á "xoiaría tradicional, as relacionadas coa maxia e a relixión, as de carácter sentimental, as de loito, as miniaturas, as condecoracións ou os reloxos". Canda a este material, a mostra achega tamén outros elementos como pinturas, debuxos, gravados, fotografías, obxectos decorativos ou pezas de indumentaria que amosan a relación das xoias con outras formas de arte. A iniciativa, que se complementa con actividades de divulgación como visitas guiadas e obradoiros infantís e para adultos, pode verse ata o vindeiro 2 de marzo.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Exposicións

Claves

Conceptos
Lugares