A Fundación Barrié presenta a primeira retrospectiva de Moneo

A mostra pode verse na Coruña ata o vindeiro 30 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Centro Emisor na Praza do Obradoiro, Santiago. 1962

Centro Emisor na Praza do Obradoiro, Santiago. 1962

Rafael Moneo. Unha Reflexión Teórica dende a Profesión. Materiais de arquivo 1961-2013 é o título da exposición que abre esta tarde a Fundación Barrié na súa sede da Coruña. A primeira retrospectiva que se fai sobre o recoñecido arquitecto navarro ocupará a programación do centro ata o vindeiro 30 de marzo. Na mostra,comisariada por Francisco González de Canales da Architectural Association de Londres, poden verse 18 maquetas, 142 fotografías e 98 debuxos orixinais. Ademais do material exposto, a iniciativa está complementada coa edición dun catálogo e actividades educativas.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, A Coruña, Londres

Claves

Entidades