A Fundación Barrié abre a primeira retrospectiva de Gallego Jorreto

A exposición dedicada ao arquitecto poderá verse na Coruña ata o 10 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: ArquitecturaExposicións
Compartir:
A Fundación Barrié abre a primeira retrospectiva de Gallego Jorreto

Por vez primeira, unha exposición retrospectiva repasa a traxectoria do que está xa considerado como un clásico da nosa arquitectura. A sede da Fundación Barrié na Coruña abre esta tarde Manuel Gallego. Arquitectura 1969-2015. A exposición repasa un total de 22 proxectos a contar con 16 maquetas, 24 planos de grnade fomato, máis de 400 fotografías e dous vídeos. Con este material quérese amosar, segundo explica a Fundación, "unha escolma de proxectos construídos e propón crear un fío argumental que permita desenvolver un discurso que facilite e provoque olladas diversas sobre a arquitectura". Ademais da exposición o proxecto inclúe tamén a edición dun catálogo e un amplo programa educativo que quere descubrir esta disciplina aos máis novos. A exposición estará aberta ata o vindeiro 10 de abril.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Aprender das pallozas

Aprender das pallozas

A mostra Compañeros de oficio amosa a pegada da arquitectura tradicional na vangarda

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Fundación Barrié, A Coruña, Manuel Gallego

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares