O Museo de Belas Artes da Coruña abre a exposición California Dreaming

O proxecto explora a historia das casas familiares de baixo custo deste estado americano

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O Museo de Belas Artes da Coruña abre a exposición California Dreaming

O arquitecto Pedro de Llano é o comisario de California Dreaming a exposición que inaugura esta tarde o Museo de Belas Arte da Coruña. O proxecto recupera a historia dun programa de construción de vivendas económicas para familias que se desenvolveu no estado de California entre os anos 20 e 50 do século pasado e artéllase a través das biografías de dez arquitectos que traballaron nestes proxectos. A exposición amosa cincuenta paneis, unha ducia de maquetas, elementos audiovisuais e mobles creados por algúns dos arquitectos protagonistas para reflexionar sobre unha serie de deseños considerados referentes do sentido común e da innovación. Organizada pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, co apoio do museo e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a mostra estará aberta ata o vindeiro 30 de xuño.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Aprender das pallozas

Aprender das pallozas

A mostra Compañeros de oficio amosa a pegada da arquitectura tradicional na vangarda

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con California, Belas Artes, Museo de Belas Artes da Coruña, Pedro de Llano...