A Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) ven de abrir na súa sede a exposición 'Os carteis de Felipe Peña'. A mostra, organizada polo COAG Coruña e promovida pola Unidade de Investigación pARQc da Universidade da Coruña (UDC) e a Editorial Labirinto de Paixóns, coa colaboración de LANA S. Coop. e a Asociación Cultural Flor de Santiago, reúne unha selección dos carteis creados polo arquitecto Felipe Peña Pereda (Madrid ,1944) para anunciar as actividades culturais da Escola de Arquitectura de A Coruña (ETSAC) desde 1980. Sesenta destas pezas poden verse en formato orixinal nesta exposición cunha montaxe expositiva, a cargo de LuÃs Walter Muñoz e Benito Freire, que quere achegar á cidadanÃa todo este traballo, no que se amosa unha parte importante da historia da Escola de Arquitectura da Coruña. A exposición foi creada con vocación de itinerancia polas principais cidades galegas para resaltar a influencia que tivo esta Escola en toda Galicia. A mostra poderase visitar en horario de apertura da sede do COAG Coruña ata o 3 de novembro.
A través dun comunicado, LuÃs Walter Muñoz destaca que o arquitecto e profesor Felipe Peña foi o responsable da Comisión de Cultura da ETSAC durante os primeiros anos e, desde ese posto, encargouse do deseño dos carteis das actividades culturais que se organizaban cada curso. Sinala que creaba "deseños de urxencia, elaborados con inmediatez, en rápidos exercicios de composición nos que se mesturaban a letra debuxada, a letra mecanografada, os debuxos e as fotografÃas para dar forma a un deseño funcional, máis propagandÃstico que publicitario". O comisario destaca que a actitude coa que Felipe Peña debuxou e deseñou os carteis das actividades dunha escola de arquitectura nacente era, ademais dun exercicio de deseño ao que se sometÃa o profesor, outra forma de ensinanza, "unha forma de transmitir responsabilidade plástica por todo aquilo que se fai, algo que ten dado os seus froitos, pois todos temos aprendido moito del. Pode dicirse que cos seus deseños Felipe era, nesa época da Escola, o Cassandre do ParÃs de finais dos anos 20 do século XX".