Fernández-Albalat amosa a súa visión da arquitectura na súa primeira retrospectiva

A exposición inaugúrase hoxe martes 20 ás 20.00 h.

| Santiago. Redacción | Seccións: ArquitecturaExposicións
Compartir:

Andrés Fernández-Albalat e un dos grandes arquitectos galegos vivos e, con ese motivo, o Colexio de Arquitectos de Galicia na súa delegación da Coruña organizou unah exposición monográfica da súa obra, e que será a primeira retrospectiva da súa obra. Para iso, a mostra contará con material do seu arquivo e todo tipo de documentación de tres proxectos significativos do arquitecto coruñés: a fábrica de Sargadelos (Cervo, Lugo), cincuenta vivendas subvencionadas en Fontán (Sada, A Coruña) e o núcleo parroquial de San Fernando en Santiago. A exposición estará aberto ao público ata o 20 de febreiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Arquitectura, Sargadelos, Colexio de Arquitectos de Galicia...