Un libro documenta o legado de Fernández-Albalat na Coruña

Considérase o gran arquitecto da modernización da cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Un libro documenta o legado de Fernández-Albalat na Coruña

Onte presentouse o libro Andrés Fernández-Albalat arquitecto. Materiais de arquivo: obra coruñesa (1959-1999), editado polo concello da Coruña, e no que se recolle o legado arquitectónico deixado polo que é un dos arquitectos decisivos para comprender a cara visual actual da cidade da Coruña, a través dunha serie de edificios emblemáticos. O libro presenta unha sleección de obras, acompañadas de documentación e textos de profesores da Escola de Arquitectura da Coruña. "Albalat contribuíu desde múltiples lugares ao desenvolvemento da cultura arquitectónica do país e o seu legado construído na Coruña constitúe un valioso patrimonio colectivo", sinalan os editores, introducindo a modernidade arquitectónica na cidade respectando a tradición local.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Editores, Concello da Coruña

Claves

Lugares