A Coruña homenaxea a Andrés Fernández-Albalat na Semana da Arquitectura

Será nomeado fillo predilecto da cidade e o seu traballo protagonizará distintas actividades

30/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte

Charlas, visitas guiadas e rutas arredor do traballo do recentemente falecido Andrés Fernández-Albalat centrarán o programa da Semana da Arquitectura da Coruña. A proposta bota a andar o venres 1 de outubro coa declaración do homenaxeado como Fillo Predilecto da Cidade. A este evento sumaranse ao longo dos seguintes días visitas guiadas ás súas obras máis recoñecidas como son a Fábrica de Coca-Cola, o Concesionario de Seat, o Centro de Cálculo de Abanca ou o colexio dos Escolapios. O Concello, canda á Fundación Luis Seoane e ao Colexio de Arquitectos de Galicia, organiza esta iniciativa.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións
Compartir:

O día 5 inaugurarase na Casa da Cultura Salvador de Madariaga a exposición Andrés Fernández-Albalat Arquitecto. Materiais de arquivo. Obra Coruñesa (1959-1999), comisariada por Antonio S. Río. Ademais destas actividades , desenvolveranse no marco desta iniciativa roteiros guiados pola cidade arredor do traballo do autor e mais un ciclo de conferencias na Fundación Luís Seoane os días 6 e 7 de outubro.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, A Coruña, Colexio de Arquitectos, Colexio de Arquitectos de Galicia...