Os encontros de arquitectura tentarán achegar as obras aos cidadáns con exposicións e visitas guiadas

Chega a arquitectura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Álvaro Siza, Zaha Hadid, Carme Pinós, Shigeu Ban e Anne Lacaron son algúns dos arquitectos máis recoñecidos do mundo, pero tamén son algúns dos relatores que estarán presentes no V Congreso de Arquitectura que comeza mañá en Santiago. Un encontro que organiza o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e o estudo Andar 4 co obxectivo de achegar o traballo do arquitecto á sociedade. A principal novidade desta edición é que o programa non se centra exclusivamente nas conferencias do Pazo de Congresos, senón que pretende achegar experiencias arquitectónicas aos cidadás con exposicións, como “44 Young Architects", que recolle os traballos das primeiras obras feitas por outros tantos estudos europeos, americanos e ibéricos, canda a diferentes visitas comentadas.

Consulta o programa no web dos encontros e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Exposicións, Álvaro Siza, Culturagalega

Claves

Protagonistas
Entidades