Profesionais de fama mundial centran os quintos encontros de arquitectura

Chegan as estrelas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Nomes tan mediáticos e aclamados como a iraquí Zaha Hadid, o portugués Álvaro Siza e o xaponés Shigeru Ban forman parte do cartel dos “V Encontros Internacionais de Arquitectura”. Unhas xornadas organizadas polo Colexio de Arquitectos e o estudo Andar Quatro, que pretenden servir como foro de debate entre profesionais, estudantes e público. Entre as actividades paralelas haberá unha exposición (titulada “Búsquedas”) que pretende reflectir as relacións entre os arquitectos e a sociedade.

Máis información no web do COAG e no do Encontro e na prensa en Galicia Hoxe e El País

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, COAG, Álvaro Siza, Portugués...