Comezan as xornadas de arquitectura do Consello da Cultura que reflexionan sobre Galicia

Galicia no epicentro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Primeiro foron as experiencias vascas, logo as catalanas seguidas das madrileñas ou andaluzas e agora chega o caso das galegas. A sección de arquitectura do Consello da Cultura Galega pretendía achegar como as construcións ofrecen un debate entre a paisaxe e a cidade e facíao da man dos principais arquitectos de cada un dos territorios. Por iso, hoxe e mañá nomes tan recoñecidos pola súa obra, proxectos e traxectoria como Andrés Fernández-Albalat, César Portela, Manolo Gallego, Celestino García Braña, Xosé Manuel Casabella, Iago Seara, Fernando Blanco, Alberto Noguerol e Pilar Díez, Alfonso Penela ou Alfredo Freixedo pasarán polo salón de actos do Consello da Cultura Galega para analizar as relacións entre arquitectura e contorno a través do seu traballo.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Consello da Cultura Galega, Iago Seara, César Portela...