Ferrol comprométese con Fontenla Leal e Carvalho Calero

A cidade declarou Fillo Predilecto da cidade ao promotor da Real Academia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Xosé Fontenla Leal, un dos promotores da Real Academia Galega e mais do noso himno é desde o pasado venres Fillo Predilecto da Cidade de Ferrol. A homenaxe que se lle tributou a este ilustre persoeiro serviu tamén para que o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, recoñecese a importancia doutro ferrolán, Ricardo Carvalho Calero. A concelleira de Cultura, Yolanda Díaz, reclamou neste evento que se lle dedique a este destacado filólogo o Día das Letras Galegas de 2010. A esta demanda, Barreiro recoñeceu o "altísimo valor" desta figura e a necesidade de recoñecer o seu traballo.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, Día das Letras Galegas