As diferentes delegacións do Colexio de Arquitectos de Galicia conmemoran hoxe, 1 de outubro, a celebración do DÃa Mundial da Arquitectura. Actividades repartidas por todo o territorio e que se estenden alén desta data pretenden achegar á sociedade esta celebración, que este ano se desenvolve baixo o lema Arquitectura para un mundo mellor. Entre as propostas, en Lugo unha xornada-coloquio sobre o Deseño da Cidade, que inclúe a proxección do documental URBANIZED: O deseño das cidades, é a proposta dos profesionais da cidade. En Pontevedra, pola súa banda, unha visita guiada á Illa de Ons, a coñecer o deseño do novo camping, é a proposta da delegación local.
Desde Compostela a conmemoración inclúe unha visita guiada ao Colexio dos Irlandeses, mentres na Coruña abrirá unha exposición de Proxecto de Fin de Grado de arquitectos recién titulados e en Ferrol unha visita analizará a reurbanización da Rúa Alegre e da praza de Canido. En Ourense, o COAG celebra a data cunha mesa redonda na que participarán representantes de diferentes sectores produtivos da nosa sociedade para abordas as súas respectivas fortalezas e oportunidades para axudar a mellorar ese mundo, no noso caso, esta rexión na que vivimos.