Diversas actividades destacan a transformación urbana no día Mundial da Arquitectura

Sete edificios axudarán aos arquitectos a poñer en valor o seu papel

Casa de Roca, de Eloy Maquieira en Lugo. Fonte: COAG
Casa de Roca, de Eloy Maquieira en Lugo. Fonte: COAG
Hoxe é o Día Mundial da Arquitectura e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia aproveita a efeméride para homenaxear aos seus profesionais. Nesta edición o lema é “o arquitecto: axente transformador da cidade” que aproveitará para chamar a atención sobre obras pertencentes ao Movimento Moderno e incluídas no catálogo da Fundación DoCoMoMo Ibérico. Ademais, cada unha das sete delegacións do Colexio de Arquitectos de Galicia seleccionan un edifico sobre o que tentarán evidenciar o seu papel como transformador da cidade e programan actividades de todo tipo.

Conferencias, proxeccións cinematográficas, colocar placas identificativas son algunhas das actividades que cada delegación deseñou ao longo desta semana para festexar o día Mundial da Arquitectura.

Sete edificios, sete propostas
Listado de edificios seleccionados nesta ocasión:
A CORUÑA Lonxa de Gran Sol. Porto da Coruña
FERROL Poboado das Veigas, As Pontes
LUGO Movemento Moderno na Terrá Chá
PONTEVEDRA Poboadomineiro de Fontao. Vila de Cruces
SANTIAGO Polígono de Vite. Santiago
VIGO Recorrido urbano que rematará na sede da delegación
Día da Arquitectura: actividades previstas.