A RAG e o COAG lembran o arquitecto Andrés Fernández-Albalat

A sede do Colexio de Arquitectos da Coruña acolle este 4 decembro o acto de homenaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
A RAG e o COAG lembran o arquitecto Andrés Fernández-Albalat

Co título Arquitecto da memoria a Real Academia Galega e mais a delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia lembran este 4 de decembro o arquitecto Andrés Fernández-Albalat. O acto de homenaxe, que conmemora o centenario do nacemento desta figura coruñesa, celébrase na sede do COAG na Coruña.

A homenaxe quere celebrar "a pegada cultural, profesional e persoal deste mestre da arquitectura galega" e contará coas intervencións do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes e dos fillos do homenaxeado, Charo e Andrés Fernández-Albalat Ruíz, que son ademais xefa do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, respectivamente.

Canda a estas intervencións, tamén participarán no encontro Roberto Medín Guyatt, excolaborador de Albalat, Cristóbal Crespo González, director do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña (DPAUC) e mais os antigos docentes deste departamento César Portela Jardón e Myriam Goluboff Scheps.

Segundo lembra a RAG, "defensor dunha arquitectura humanista ao servizo da sociedade, Andrés Fernández-Albalat dirixiu numerosos proxectos que o converteron nun referente imprescindible da Galicia contemporánea". O programa conta coa colaboración do DPAUC e da asociación cultural Flor de Santiago.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con COAG, Colexio de Arquitectos, Real Academia Galega, Arquitectura...