Como boa parte das fermosas xoias castrexas foron localizadas casualmente, os arqueólogos viviron moito tempo coa incógnita de descoñecer a época na que foran realizadas fermosas pezas de ouro como as arracadas ou os torques. Iso deu lugar a numerosas interpretacións, como que as pezas son imitacións galaicas de xoias romanas e de época plenamente romana. Ata agora. Investigadores do Instituto de Ciencias do Patrimonio, baixo a dirección de Lois Armada, conseguiron extraer material orgánico das pezas e poder realizar medicións de Carbono 14 que conseguiron datar o tempo no que foron feitos extraordinarios conxuntos ourives coma o Tesouro de Recouso ou o de Calvos de RandÃn. O diagnóstico é claro: foron feitas no século II a.C., en plena Idade do Ferro.