O espectáculo de novo circo Déjà vu, de Manolo Alcántara e o de monicreques Cris, pequeña valiente, de El espejo negro, acadaron as máximas valoracións por parte do público nesta edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia que completou as capacidades de asistencia sen incidencias. Déjà vu é unha peza que non ten texto e que conta un relato sobre a distancia entre unha persoa e os seus soños, que é e o que lle gustarÃa ser. Para iso usa da música, a xestualidade e os números circenses cos que dilúe as fronteiras entre a realidade e a fantasÃa a partires dunha historia cun punto de melancolÃa. O espectáculo acadou o Premio á mellor adaptación de técnicas circenses á nova dramaturxia en FETEN 2021. Pola súa parte Cris, pequeña valiente, de El espejo negro e unha obra que usando dos monicreques conta a historia da pequena Cris, unha nena transxénero, riseira e intelixente, que loita polo seu dereito a ser a persoa que é e sinte. A lista de obras máis votadas complétase cos espectáculos Los que hablan e Bailar agora, que quedaron en segundo e terceiro lugar, respectivamente deixando tamén neste palmarés popular a pegada da danza e do teatro textual.