
A combinar propostas virtuais e presenciais e iniciativas para profesionais e para público xeral, a cita transcorrerá entre a Fundación Barrié, a Fundación Luis Seoane e Os Cantóns. Nas propostas inclúense un espazo Pro, na Fundación Barrié, con conferencias, charlas e proxeccións, un Showcase con dúas exposicións dedicadas ao deseño e un Showroom que amosará na rede diferentes espazos de creación galegos. Finalmente un Creative Camp na Fundación Luis Seoane estará dirixido a estudantes da disciplina e a xente nova da profesión.
As mostras previstas, que se poderán ver ata o vindeiro 29 de agosto, permitirán ver traballos premiados en diferentes certames internacionais como ADG Laus de Deseño Gráfico e Comunicación Visual, ADI de Deseño Industrial, Arquin-FAD de Arquitectura e Interiorismo, Paraugas ou Galicia de Innovación e Deseño na sede da Fundación Barrié. Nos Cantóns pola súa banda poderá verse unha selección de novo deseño galego.
Na zona pro, pola súa banda, haberá encontros con firmas como Cenlitrosmetrocadrado, Fruto DS, Amalia Puga, GAIN, Fuertes Penedo, Graffica, Nera Garro ou Folch Studio entre outros, ademais de mesas redondas sobre temas como o valor do deseño ou a didáctica da disciplina.
A iniciativa continúa as citas #follow20 e #followSS21, desenvolvidas nos últimos anos, e preséntase como antesala da Galicia Design Week, prevista para 2022.