Libreiros e editores únense nun novo Clúster do Libro

A nova entidade preséntase o vindeiro martes cunhas xornadas formativas no Consello da Cultura Galega

15/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
19 lecturas | Compartido 0 veces
Editores, distribuidores e libreiros únense no novo Clúster da Edición, Librarías e Comercialización, que se dará a coñecer formalmente o vindeiro día 19 no Consello da Cultura Galega. A nova entidade inicia o seu traballo este día cunhas xornadas formativas para o sector que acollerán a presentación institucional do Clúster. Nas mesmas abordarase a resposta empresarial en época de crise e tratarase tamén cuestións coma o aproveitamento das novas tecnoloxías polo sector. O novo Clúster nace ao amparo da Asociación Galega de Editores e mais da Federación de Libreiros de Galicia. Con anterioridade a este, xa existía un Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, que conta cunha ampla representación do sector do deseño e das artes gráficas.

Universo culturagalega.gal

19/10/2010

O libro en Clúster

Editoras, librarías e distribuídoras alíanse para facer fronte aos desafíos do sector