Un encontro analiza en Compostela o futuro da edición

O foro Presente e Futuro do Libro Galego reúne autores, editores e medios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O hotel Araguaney, en Compostela, acolle a mañá o vindeiro venres 26 o foro Presente e Futuro do Libro Galego, organizado polo Grupo Correo Gallego. O encontro reúne editores, libreiros, autores e medios de comunicación en dúas mesas redondas. A primeira dela analizará a situación actual da edición en Galicia, mentres a segunda se centrará nas aplicación das novas tecnoloxías a este sector. Entre os participantes atopamos os responsables de editoras coma Galaxia, Xerais ou Sotelo Blanco e representantes de libreiros, editores e do Clúster do Produto gráfico.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Medios de comunicación, Sotelo Blanco, Editorial Galaxia...