A vicedirectora da Feira de Frankfurt cre que a promoción da literatura galega aínda é escasa

O simposio sobre a presenza do libro galego no mundo desenvólvese ata mañá

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

“Cando me convidaron a dar esta conferencia, o primeiro que fixen é ver no catálogo de da Feira do Libro de Fránkfurt para ver como estaba a literatura galega. O resultado foi escasísimo comparando con outras literaturas minorizadas como o catalán ou o vasco”. Así se expresou María Fé Boix, vicedirectora da Feira do libro de Frankfurt, na conferencia que abriu o simposio “o libro galego no mundo: presente e futuro”. O encontro, organizado pola Asociación Galega de Editores desenvólvese ata mañá no salón de actos do Consello da Cultura Galega e analizará o futuro do libro galego desde o punto de vista dos editores do país e os representantes de feiras internacionais.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Frankfurt, Feira do Libro, Editores...