
Entre as persoas que protagonizan o encontro, as Stories amosarán o traballo da "directora de arte Lucía García Rey, a marca de moda infantil The Campamento, a ceramista Verónica Moar, a axencia de branding Costa, a axencia tipográfica NM Type, o deseñador de iluminación Arturo Álvarez, o estudo de arquitectura Castroferro, é estudo de deseño DARDO e a Fundación DIDAC". Nas Conversas, pola súa banda, centradas na "á industria, a estratexia e a comunicación relacionadas co deseño" participarán "Dani Bembibre, o deseñador de mobiliario Isaac Piñeiro, Lola Dopico, a deseñadora de servizos Coca Rivas, Nuria Carballo, a arquitecta Patricia Muñiz, o infografista Artur Galocha, o tipógrafo Marcos Dopico e a deseñadora gráfica Uqui Permui".
O #follow20 conta cun consello asesor da organización composto por David Barro, codirector do estudio de deseño DARDO e director da Fundación DIDAC; Nuria Carballo, directora da axencia creativa Unconventional; Dani Bembibre, director da axencia de branding Costa; e Lola Dopico, directora da escola de moda ESDEMGA.