Co inicio do ciclo de concertos Son do Camiño - Perseidas no Monte do Gozo de Santiago de Compostela parte tamén das instalacións do recinto público, co apoio da Xunta de Galicia, unha nova programación de verán como parte da oferta do Xacobeo 21-22 e que se presenta coma un "complemento" ao ciclo de grandes concertos. Hoxe mesmo comezará alà tamén o festival Go! Go! Zo!, que ofrecerá ata setembro unha programación cultural e de lecer moi baseada na música, coa actuación de artistas e dj´s da escena musical galega cunha media de entre 3 e 4 actividades por semana, en horarios tanto de tarde como de noite. O programa divÃdese en tres temáticas: sesións DJ, música en directo e actividades infantÃs. Todas as actividades e actuacións son de balde, bastando con achegarse ata alÃ, sen necesidade de reserva previa. O festival ofrece a posibilidade de pasar a noite nas instalacións do albergue do Monte do Gozo e usar as súas áreas de restauración e hostalerÃa.
Música independente, folk, jazz, electrónica e psicodelia pasará polo escenario de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22. Bandas como Moura, Allova, Oh! Ayatollah ou Amigos dos Músicos, e tamén artistas recoñecidos como Alberto Montero ou Monquop. Todo iso complementado polas sesións dos Combos da A Casa do Rock ou a música cubana de raÃz da man de Habana Café Son. Os atardeceres tamén contarán coa presenza de picadiscos que deleitarán ás persoas asistentes coas súas mesturas de ritmos. Rapariga DJ será a encargada de estrear o calendario de propostas culturais e de lecer en Monte do Gozo hoxe, 14 de xullo, ás 17.00 horas, estendéndose a súa sesión ata as 20.00 horas, cando comeza o concertos de Guadi Galego e Rozalén na primeira actuación de Son do Camiño-Perseidas. Continuará esta primeira semana con outras sesións DJ a cargo de A Gramola (xoves 15 e sábado 17, no mesmo horario) e DJ Schulz (venres 16 de xullo, de 16.00 a 19.00 horas).