Cos seus formatos "tranquilos", sen acumulación de concertos e con programas expandidos durante dÃas e cheos de nomes galegos e da escena estatal con poucas presenzas internacionais, os eventos musicais ao aire libre seguen dando un paso adiante para non deixar o verán en baleiro musical. O anuncio do programa do ciclo O Son do Camiño -Perseidas que se celebrará no Monte do Gozo entre o 14 de xullo e o 8 de agostocompleméntase coas máis recentes novidades en festivais que veñen de engadirse á axenda estival. Xunto cos que adiantamos xa anteriormente van facéndose marcas no calendario vestindo de citas este verán aÃnda pandémico.
Tranquilidade nas estrelas
A reformulación de O Son do Camiño para ofrecer un ciclo de concertos no Monte do Gozo este verán baixo o nome "Perseidas" xa ten nomes propios para esas citras coas estrelas. Once noites para 18 concertos comezando o 14 de xullo e rematando o 8 de agosto, unha lista de nomes da escena musical española maiormente e unha oferta musical que, malia algunha presenza de pop-rock "indie", buscará un nivel de encontros con músicas máis "tranquilas", pouco dadas á exaltación festivaleira. No relativo a artistas galegos pasarán polo Monte do Gozo Guadi Galego, abrindo o ciclo con Rozalén; o vigués Pablo Lesuit; Andres Suarez que compartirá xornada con Xoel López e Sabela; tamén están a banda xuvenil Furious Monkey House, que serán abreconcertos da banda indie Vetusta Morla. A outra banda do perfil multitudinario de Vetusta que aparece no cartel será o seu reflexo máis pop: IZAL. Polas instalacións compostelás pasarán tamén figuras con solera da música española como Raphael e Loquillo, o violinista Ara Malikian, o dúo catalán Estopa e algúns nomes propios de perfil romántico coma o colombiano Camilo, Beret e o asturiano Melendi para poñer o colofón ao ciclo.
Arestora desde a organización estiman unha posible capacidade de ata 5000 persoas por xornada no recinto do Monte do Gozo. O espazo estará parcelado en cinco sectores, que ao igual que as zonas de traballo previstas, denomÃnanse coma sete das históricas entradas á capital galega desde cada unha das rutas do Camiño de Santiago: "Trinidade", "Camiño Francés", "Faxeira", "Algalia", "Mazarelos", "Atalaia" e "Porta da Pena". As entradas sairán á venda o vindeiro dÃa 11.
Jazz de RÃa
Tras celebrarse en Mugardos e Ferrol, onde o festival sementou durante catro edicións o amor polo jazz entre o público de todas as idades, o Jazz de RÃa viaxa nesta 5ª edición á descuberta de novos espazos nos concellos de Narón e Neda para presentar unha programación os dÃas 13 e 14 de agosto que volverá apostar pola pola calidade, a diversidade, a posta en valor do territorio, e o apoio incondicional ás propostas artÃsticas galegas en actuación abertas e gratuÃtas. Nomes como a Orquestra galega de Liberación , Aló Django, LucÃa rey TrÃo e Baldo MartÃnez Cuarteto paraq este peculiar festival de xénero que volverá a situar a comarca de Ferrolterra como territorio de referencia para o público da escena jazz en Galicia.
Morrasound
Volve activarse este ano o Morrasound Rock Fest e chega cheo de dunha forza e unhas ganas electrizantes para facer soar o rock a toda potencia en Moaña os dÃas 2 e 3 de xullo. O Parque de Samertolameu en meira e o Mirador da Fontenla en Domaio acollerán os concertos e actividades, entre as que hai unha actuación de punk infantil, con peter Punk e doas representacións de artes circenses. Ademais no cartel xuntaranse os vatios de Los Enemigos e Bala, xunto a Inmaculate Foll, Enxeito, Zalomon Grass, Anarchicks e The Broke.
Orballo cultural
Nunca tivo formato de festival o Orballo Cultural de Carballo, pero a súa configuración coma ciclo de concertos resulta do máis axeitada para esta situación, como xa se viu o pasado ano. Nesta ocasión os organizadores volven achegar ao Forum de Carballo e dúas fins de semana un feixe de propostas musicais de primeiro nivel que abriranse o dÃa 19 coas actuacións de Tanxugueiras e Sheila Patricia, para despois, nesa mesma fin de semana , o domingo 20, con SÉS e a DJ Russinha. Nos dÃas 26 e 27 será o momento de Verto, Berlai e Momboi. O orballo Cultural seguirá anunciando máis das súas pingas no resto de verán da Costa da Morte e as súas comarcas.
Nachiños Fest
Tras un ano de parón a segunda edición do Nachiños fest de Ferrol tamén volve sacar a cabeza neste 2021. Os dÃas 20, 21 e 22 de agosto o Campo das Cabazas (Covas). Acollerá de novo concertos de música das escena galega e española con nomes xa difundidos e con moito tirón, coma Sidonie, Grande Amore, Ortiga, Smile e Veintiuno. Ademais de concertos nocturnos este ano o festival ofrecerá tamén sesións vermut na fin de semana, para proveitar mellor o entorno e o tempo de festa.
Pasatempo
Configurado coma un ciclo de concertos soltos durante o mes de xullo, este evento que colle o seu nome do Parque do Pasatempo e celébrase ao seu carón os cinco sábados de xullo ademais dun venres. O cartel é do máis variado da escena estatal e busca encher o recinto de 900 asentos grazas a nomes moi coñecidos e populares coma Bad Gyal; Prok; Taburete; M Clan e Carlos Sadness.